XOTA DELIRA (Xabier Díaz)

Esta que teño ó meu lado
cante moito ou cante pouco
ai cante moito ou cante pouco
esta que teño ó meu lado
canta moi ben arreghlado
ai canta moi ben arreghlado

Alí vai, a que canta
reghalando coa súa gharghanta
bota flores bota flores
todos queren ser os seus amores

Toco para a minha irmanhe
toco para a minha irmanhe
ai toco para a minha irmane
Para outra non lle toco
anque me paghen na manhe
ai anque me paghen na manhe

Alí vai, a que canta
reghalando coa súa gharghanta
bota flores bota flores
todos queren ser os seus amores

Coleaivos coleaivos
cintiñas do meu sombreiro
ai cintiñas do meu sombreiro
coleaivos coleaivos
á conta do meu diñeiro
ai á conta do meu diñeiro

Alí vai, a que canta
reghalando coa súa gharghanta
bota flores bota flores
todos queren ser os seus amores

Baila nena baila nena
E non pares de bailar
Ai e non pares de bailar
Que as estrelas tamén bailan
Sin deixar de alumear
ai sin deixar de alumear

Alí vai, a que canta
reghalando coa súa gharghanta
bota flores bota flores
todos queren ser os seus amores

Vou a dar a despedida
e na despedida un ramo
ai e na despedida un ramo
e no ramo un papeliño
con letras d´ouro bordado
ai con letras d´ouro bordado

Alí vai, a que canta
reghalando coa súa gharghanta
bota flores bota flores
todos queren ser os seus amores