As miñas cousas

Teño unha galiña branca
que me veu de Redondela
Teño unha galiña branca
que me veu de Redondela
da miña comadre, o galo,
non me veña dar con ela.

Ai a la Ai a la, ai a la lalaralala

Teño que ver o meu liño
que me da pola cintura
teño que ver o meu liño
que me da pola cintura
non sei se é liño se é herba,
non sei se é liño se é herba
bagalla non ten ningunha.

Ai a la Ai a la, ai a la lalaralala

Unha pera , dúas peras…,
non tiña máis a pereira
unha pera, dúas peras,
non tiña máis apereira
unha será para o xastre,
unha será para o xastre,
e outra para a costureira.

Ai a la Ai a la, ai a la lalaralala