SISTO DA CHAPARRA (muiñeira)

O gaiteiro da Chaparra
no ronco da gaita leva
un letreiro que dicía
Santiago de Compostela
un letreiro que dicía
Santiago de Compostela

Pasei a Pontepedriña
paseina pedra por pedra
pasei a Pontepedriña
antes de que o río enchera
pasei a Pontepedriña
antes de que o río enchera

Hei de mercar un espello
na feira do vinteséis
para ollar a miña prenda
do dereito e do reves-e
para ollar a miña prenda
do dereito e do reves-e

O cura e maila criada
ordenaron unha festa
peneiraron a fariña
ó abrigo dunha xesta
peneiraron a fariña
ó abrigo dunha xesta.

Ai vos vai a despedida
para que nos despidamos
boas tardes meus señores
que pra o ano nos vexamos
boas tardes miñas damas
que pra o ano nos vexamos