Sementeira (Fuxan Os Ventos)
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.
Un meniño rebuldeiro
que fala na lingua nai,
que suba os pexegueiros
a froita verde a roubar.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei….
Un vello que de consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos os nenos
do cuco e do paspallás.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei….
Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei….
Logo déixame morrer
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfameados.
Retrouso (Bis)
Sementar, sementarei….