A Carolina

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila
o lagarto dalle ó rabo

¿bailaches Carolina?
bailei, si señor
Dime con quén bailache?
bailei co meu amor
bailei co meu amor
bailei co meu amor
¿bailaches Carolina?
bailei si señor

A Carolina é unha tola
que todo fai ó revés
vístese pola cabeza
e díspese polos pés

¿bailaches Carolina?
bailei, si señor
Dime con quén bailache?
bailei co meu amor
bailei co meu amor
bailei co meu amor
¿bailaches Carolina?
bailei si señor

O señor cura non baila
porque ten unha coroa
baile, señor cura, baile
que Dios todo llo perdoa

¿bailaches Carolina?
bailei, si señor
Dime con quén bailache?
bailei co meu amor
bailei co meu amor
bailei co meu amor
¿bailaches Carolina?
bailei si señor

No curro da Carolina
non entra carro pechado
namáis entra Carolina
co seu cocho polo rabo

¿bailaches Carolina?
bailei, abofé
Dime con quén bailache?
bailei co meu amor
bailei co meu amor
bailei co meu amor
¿bailaches Carolina?
bailei abofé

No curro da Carolina
non entra o carro pechado
namáis entra a Carolina
co seu cocho polo rabo

¿bailaches Carolina?
bailei, si señor
Dime con quén bailache?
bailei co meu amor

Co teu amor Carolina
non volvas a bailar
porque che levanta a saia
i é moi mala de baixar