E zúmballe o caneco
e o caneco zumba
e zúmballe o caneco
e o caneco zumba, zumba.
(x2)
Cando vaias de parranda
non te esquezas do caneco
bótalle un litro de viño
non te vaia quedar seco.
Non te vaia quedar seco,
non te vaia quedar seco,
cando vaias de parranda
non te esquezas do caneco.
E zúmballe o caneco…
Indo eu pra as illas Cíes
Varei no medio da ría,
dime tú miña neniña
cantos polbos botarías.
Cantos polbos botarías,
cantos polbos botarías,
indo eu pra as illas Cíes
varei no medio da ría.
E zúmballe o caneco…
O cura da miña aldea
ese si que tivo sorte,
enterrárono onte á noite
co carallo cara ó norte.
Co carallo cara ó norte,
co carallo cara ó norte,
o cura da miña aldea
ese si que tivo sorte.
E zúmballe o caneco…
A puta da miña amiga
foi levar a cona ó tallo,
a de donde contra o mexo(¿?)
a cabeza do carallo.
A cabeza do carallo,
a cabeza do carallo,
a puta da miña amiga
foi levar a cona ó tallo.
E zúmballe o caneco…
A cona que non ten fondo
ai, a cona fondo ten,
se o carallo é pequeno
a cona que culpa ten.
A cona que cupa ten,
a cona que culpa ten,
a cona que non ten fondo
ai, a cona fondo ten.
E zúmballe o caneco…
O carallo foi á cona
pensando que era tallada,
albergáronlle a cabeza,
ghomitou pola paxara.
Ghomitou pola paxara,
ghomitou pola paxara,
o carallo foi á cona
pensando que era tallada.
E zúmballe o caneco…
Unha vella por foder
arrimóuselle a un ghaiteiro
polo cú entroulle o ronco
pola cona o punteiro.
Pola cona o punteiro,
pola cona o punteiro,
unha vella por foder
arrimóuselle a un ghaiteiro.
E zúmballe o caneco…
Unha vella de Xustáns
díxolle a de Taboadelo
ghañas máis cartos coa cona
que o ferreiro co martelo.
Que o ferreiro co martelo,
que o ferreiro co martelo,
unha vella de Xustáns
díxolle a de Taboadelo.
E zúmballe o caneco…
Unha vella de Taboadelo
díxolle a unha de Xustans
teño máis callos na cona
que o ferreiro ten nas mans.
Que o ferreiro ten nas mans,
que o ferreiro ten na man,
unha vella de Taboadelo
díxolle unha de Xustans.
E zúmballe o caneco…
Sempre me andas preguntando
donde vou e donde veño,
méteme a man no bolsillo
mira que carallo teño.
Mira que carallo teño,
mira que carallo teño,
sempre me andas preguntando
donde vou e donde veño.
E zúmballe o caneco…
O carallo e maila cona
metéronse taberneiros,
o carallo vende o viño
e a cona gharda o diñeiro.
E a cona gharda o diñeiro,
e a cona gharda o diñeiro,
o carallo e maila cona
metéronse taberneiros.
E zúmballe o caneco…
O carallo lévao tú
a mín non me fai proveito,
faime cosquillas na cona
á noite cando me deito.
Á noite cando me deito,
á noite cando me deito,
o carallo lévao tú
que a mín non me fai proveito.
E zúmballe o caneco…
Se vas ao San Benitiño
non vaias ó de Paredes
que hai a man ti larpeiro (¿?)
entre as pernas das mulleres.
Entre as pernas das mulleres,
entre as pernas das mulleres,
Si vas ao San Benitiño
non vaias ó de Paredes.
E zúmballe o caneco…
A bruxa da miña soghra
quíxose ir para a ría (¿?)
resbaláronlle a escafandra (¿?)
quedou coa cona parriba.
Quedou coa cona parriba,
quedou coa cona parriba,
a bruxa da miña soghra
quíxose ir para a ría (¿?)
E zúmballe o caneco…
A filla da miña nai
non ten pelos na paxara,
de subire ós piñeiros
e baixar escarranchada.
E baixar escarranchada,
e baixar escarranchada,
a filla da miña nai
non ten pelos na paxara.
E zúmballe o caneco…
San Benitiño de Lérez
santo que non bebes viño,
dáme forza no carallo
coma o porco no fuciño.
Coma o porco no fuciño,
coma o porco no fuciño,
San Benitiño de Lérez
santo que non bebe no viño.
E zúmballe o caneco…
San Benitiño de Lérez
San Benito meu amore,
estudiache para crego
e saiche cravadore.
E saiche cravadore,
e saiche cravadore,
San Benitiño de Lérez,
San Benito meu amore.
E zúmballe o caneco…
Xa se acabou o caneco,
xa se acabou o canequiño,
xa se acabou o caneco
xa non bebe máis viño.
Letras variadas de O Caneco
Se mo diches non mo deras
eu pedir non cho pedin-e
déchesllo ti a quen quixeches
queresmo cobrar a min-e
Como te colla no prado
como te collín máis veces
heiche de meter no corpo
herba para nove meses
Unha vella por fodere
namorouse dun jaiteiro
pola cona vai o ronco
polo cu vai o punteiro
Unha vella de chiclar
dixolle a outra de perillo
fajo mais cartos coa cona
co ferreiro co martillo
Unha vella de cordeiro,
díxolle a unha de nigrán,
teño máis callos na cona
que o ferreiro ten nas mans
O tempo das esfolladas
Non da probeito a ninguén
Mandei a muller a elas
Esfollaroma tamén
O que non canta nin baila
Que vai facer o serán
Aprender catro mentiras
Para ir contar mañan
Eu caseime cunha nena
Porque ela cantaba ben
Agora morro de fame e
O cantar non me manten
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo
se o botei fixen ben
tamén o botou Manolo
Tamén o botou Manolo,
tamén o botou Manolo.
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar
agora dime rapaza
cantos polbos che hei botar.
Cantos polvos che hei botar,
cantos polbos che hei botar.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar.
O Caneco (Muxicas)
Retrouso (Bis)
E zúmballe o caneco
e o caneco zumba
e zúmballe o caneco
e o caneco zumba, zumba.
Miña nai a min berroume
por votar un ferrancholo
si o votei fixen ven
tamén o votou Manolo, (Bis)
tamén o votou Manolo.
miña nai a min berroume
por votar un ferrancholo.
Retrouso (Bis)
E zúmballe o caneco….
Índonos todos da illa
parei no medio do mare
agora dime rapaza
cantos polbos che ei votar-e, (Bis)
cantos polbos che ei votar-e,
índonos todos da illa
parei no medio do mare.
Retrouso (Bis)
E zúmballe o caneco….
Boteiche un polbo na saia
túa nai ven me miroume
agora vai te queixar-e
o cono que te votou e, (Bis)
o cono que te votou e,
boteiche un polbo na saia
túa nai ven me miroume.
Retrouso (Bis)
E zúmballe o caneco….