Foliada De Carril (A Roda)
Nosa señora da Guía
¡aí! da guía de mariñeiros,
(Bis)
Guía da miña cuadrilla, (Bis)
toda de mozos solteiros, (Bis)
Ai la lelo, ai la lalo.
Retrouso
Si vas a Carril o mesmo chegar,
veras Cortegada
deitada no mar, (Bis)
ollando por e la,
van os mariñeiros, (Bis)
nos botes de vela.
Teño un amor mariñeiro
¡ai! bonito como unha rosa.
(Bis)
Teño medo que mo quite, (Bis)
algunha nena envidiosa, (Bis)
Ai la lelo, ai la lalo.
Retrouso
Si vas a Carril o mesmo chegar,
veras Cortegada
deitada no mar, (Bis)
ollando por e la,
van os mariñeiros, (Bis)
nos botes de vela.
En Carril casou meu pai-e
¡aí! Carril quero casar-e
(Bis)
Moito me gustan as mozas, (Bis)
que son da beira do maree, (Bis)
Ai la lelo, ai la lalo.
Retrouso
Si vas a Carril o mesmo chegar,
veras Cortegada
deitada no mar, (Bis)
ollando por e la,
van os mariñeiros, (Bis)
nos botes de vela.
No alto de Camariñas
hai un raposo berrando
que lle levan os zapatos
que lle pican as espiñas