Marmúranme porque canto
e eu se canto fago ben(bis ),
mentras que canto non choro
nin fago mal de ninguén.
Marmurai, marmuradores
marmurai e non de min
eu nunca fun marmurado
senón da xente ruín.
Indo por aquí abaixo
camiño de Santa Marta (bis ),
bus cando quen diga ben
que quen diga mal non falta.
Retrouso.
Anque de min digan,
digan anque de min digan ben ( bis ),
anque de min digan, digan
eu non digo de ninguén.
Retrouso.