DÉIXAME SUBIR

Morreu miña sogra
paríuno-la vaca
e somo-los mesmos
que eramos na casa

Se queres que o carro cante
mételle o eixo no río
e despois de ben mollado
canta como un asubío.

E déixame subir
ó cuarto da criada
é déixame subir
que non lle fagho nada morena por tí.

Morreu miña sogra
paríuno-la vaca
e somo-los mesmos
que eramos na casa.

Toda a miña vida andiven
tras dunha muller mediana
e agora teño un cangallo
que non me colle na cama.

E déixame subir
ó cuarto da criada
é déixame subir
que non lle fagho nada morena por tí.

Morreu miña sogra
paríume unha ovella
e somos os mesmos
xa non teño pena

Indo por Santalla arriba
metín un pe nunha poza
Dinlle un bico a unha vella
(…)

E déixame subir
ó cuarto da criada
é déixame subir
que non lle fagho nada morena por tí.

Morreu miña sogra
pariuno-la besta
e somos os mesmos
xa non saio desta

Dabaste de señorito
podes perde-lo costume
que xa te alcuman na fonte
pouco home moito fume

E déixame subir
ó cuarto da criada
é déixame subir
que non lle fagho nada morena por tí.