A regueifa está na mesa
e no medio ten un ovo
para corta-la regueifa
veñan as de Portonovo
veñan as de Portonovo
ai lalelo ai lala laaaa
Si mo vedes por ahí-e
si mo vedes por ahí-e
ó borracho do meu home
fai o favor de dicirlle
que hoxe na casa non dorme
que hoxe na casa non dorme
ai lalelo ai lala laaa
Unha vella e ben vella
unha vella e ben vella
vella da cabeza branca
botou un peido na cama
fixo levanta-la manta
fixo levanta-la manta
ailalelo ai lala laaaa
O gaiteiro de Soutelo
o gaiteiro de Soutelo
indo para Redondela
perdeu a gaita no monte
anda chorando por ela
anda chorando por ela
ailalelo ai lala laaaa
___________________________________________________________
Ala vai a despedida
alá vai a despedida
despedida dunha rosa
como me vou despedir-e
dunha cara tan fermosa
dunha car atan fermosa
ai lalelo ai lala laaaa