Cara A Liberdade (Fuxan Os Ventos)
Reclamamos, por galegos ós nacidos na lameira,
ós que andamos na lixeira, arrincan peixe do mar.
Os que non dan non xunque, teñen ó progreso escravo,
ós que tronzan co arado, a terra pra facer pan.
Somos nós, xente que leva, un facho na noite escura,
xente que vai á procura da súa historia virar.
Séculos de fame xorda, na noite pecha perdidos,
afogando a pena en viño sen lume pra nos quentar!
O lusco co sacho ó lombo, pra xantar pan e touciño,
co corpo morto, doído, sempre do carro a tirar.
Aldraxados, iñorantes, pobo sen lei, divididos,
do sangue roxo, vencido, os caciques a zugar!
Do fondo da nosa noite, da moura noite dos tempos,
zoan, o xe, novos ventos, os ventos da liberta!.
Homes de tempos perdidos, ti, labrego, ti, obreiro,
ti gandeiro, mariñeiro, poñéivos a camiñar!
Somos nós, e soio nós,
os donos do noso signo,
abrindo un novo camiño
na busca da liberta!
la la la lara, la la la lara, la la la lara,
lara la la, lala.