Caraveliños

Namoreime dunha rosa
namorei dun caravel
namorei en ti meniña
porque ti cantabas ben.

Caraveliños na terra
caraveliños no mar
caraveliños na terra
son bos pra pasear.

Non hai cantiga no mundo
que non teña o seu refrán
nunca ninguén faga conta
senón do que ten na man.

O que gharda sempre ten
aforrar sempre foi bo,
a capa que leva o mozo
é do pai do bisavó.