A rumba da fame

Tua nai non o ten
teu pai non cho da
de onde che sale
o trailalala
túa nai non o ten
teu pai non cho da

Unha vella máis un vello
fixeron unha empanada
a vella comeuna toda
o vello quedou sen nada

retrouso

aquela pera que comes
da mazán un bocadiño
da túa boca unha fala
do corazón un cariño

retrouso

alá vai a despedida
alá vai a derradeira
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira

retrouso