Leilía (popular)
Axudádeme a cantar,<
mozas da miña aldea.
Axudádeme a cantar,
mozas da miña aldea.
Axudádeme a cantar
que estou en terra allea.
Ai, le, lalalá.
Ai, lela; ai, elele.
E o corazón dunha pulga
quen o soubera guisar.
E o corazón dunha pulga
quen o soubera guisar.
Baba xantar e merenda
e a cea para cear
Ai, le, lalalá.
Ai, lela; ai, elele.
Velaí vén o San Antroido
coa facela cuberta.
Velaí vén o San Antroido
coa facela cuberta.
Axuntaivos mozas todas,
vámoslle facer a festa
Ai, le, lalalá.
Ai, lela; ai, elele.
Vámonos de aquí que é tempo,
vámonos de aquí que é hora.
Vámonos de aquí que é tempo,
vámonos de aquí que é hora.
O tempo de namorar
todo se vai en parola.
Ai, le, lalalá.
Ai, lela; ai, elele.
Agora vaite embora,
agora vaite embora,
agora vaite embora.
Mocidade de aquí para fóra.
Agora vaite embora.
Ai, lalalá.
Ai, alalala; ai, alala, lalalá.
Agora vaite embora,
agora vaite embora,
agora vaite embora.
Mocidade de aquí para fóra.
Agora vaite embora.
Ai, lalalá.
Ai, alalala; ai, alala, lalalá.
Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra.
Airiños, airiños, aires,
airiños, levaime a ela.
Ai, lalalá.
Ai, lalalá; ai, lalalala; ai, alala, lalalá.
Ai, lalalala, lalalá; ai, alala, ai, alala, lalalá.
Ao tocar a pandeireta
ganei unha saia nova
e máis un reberechiño
para lle botar de roda.
Ai, lalalá.
Ai, lalalá; ai, lalalala; ai, alala, lalalá.
Ai, lalalala, lalalá; ai, alala, ai, alala, lalalá.
Arriba pandeiro roto,
abaixo manta mollada.
Onde estean as mulleres
os homes non valen nada.
Ai, lalalá.
Ai, lalalá; ai, lalalala; ai, alala, lalalá.
Ai, lalalala, lalalá; ai, alala, ai, alala, lalalá.
Ai, lalalala, lalalá; ai, alala, ai, alala, lalalá.
Ai, lalalala, lalalá; ai, alala, ai, alala, lalalá.
Ai, alala, ai, alala, lalalá.