Volta Da Festa (A Roda)
Vente vindo, vente vindo,
que eu tamén me vou andando,
fixen a cama na folla,
o vento vaima levando,
o vento vaima levando.
Ai e le lo, ai e la lo.
Retrouso
Toléache pola peneira, toléache por peneirar,
toléache por ter amores, toléache por te casar,
toléache por te casar, toléache por te casar,
toléache pola peneira, toléache por peneirar.
O paxaro cando chove,
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas,
cando non hai que as queira,
cando non hai que as queira,
Ai e le lo, ai e la lo.
Retrouso
Toléache pola peneira, toléache por peneirar….
Catro puntas ten Paredes,
catro puntas son meo pano,
o que ten a muller fea,
ten bacallau todo ano,
ten bacallau todo ano,
Ai e le lo, ai e la lo.
Retrouso
Toléache pola peneira, toléache por peneirar….