SABAXÁNS

Axudádeme a cantare
mociñas da miña aldea
axudádeme a cantare
que estou en terra allea

Anque estou en terra allea
non vivo con cobardía
que vivo coa esperanza
de oler á terra miña

eu direi quen elas son-e
delgadiñas da cintura
alegres de corazon-e

Heime de casar na montaña
que é terra de moito pan-e
o forno da miña sogra
cría silvas polo vran-e