Era unha noite de lúa,
era unha noite clara,
eu pasaba polo río,
de volta da muiñada!
Topei unha lavandeira
que lavaba ó par da i-agua
ela lavaba no río,
e unha cántiga cantaba!
Moza que ves do muíño,
moza que vas pola estrada:
axúdame a retorcer-e
miña sabana lavada!
Santa María te axude,
e San Lourenzo te valla!
Desaparece a lavandeira
como fumeira es pallada.
Onde as sabanas tendera
poza de sangue deixara!
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara!