Nosa señora do Carme,
que nos de o vento en popa.
(Bis)
Que somos os de Marín-e
levámo-la vela rota.
(Bis)
Levámo-la vela rota
e non nos quedan estrobos
(Bis)
Porque de tanto remar-e
fóronse, rompéndose todos
(Bis)
Retrouso
Polo mar abaixo vai, unha troita de pe,
corre que te corre quen, a puidera coller,
quen a puidera coller, quen a puidera pillar,
polo mar abaixo vai, unha troita de pe.
Que vida mais escraviña
a vida dos mariñeiros,
(Bis)
Veñen cansados do mar-e
e mollando os han xeeiros.
(Bis)
Retrouso (Bis)
Polo mar abaixo vai….