O carballo da Portela
ten a folla revirada
que lla revirou o vento
unha mañá de xiada.
Non hai run non hai run Maruxiña
non hai run, como o da laranxiña
non hai run non hai run Maruxeira
non hai run, como o da laranxeira.
Silva verde se me prendes
mira como me aseguras
que eu xa me teño ceibado doutras máis duras.
non hai run, como o da laranxiña
non hai run non hai run Maruxeira
non hai run, como o da laranxeira.
Tocadora do pandeiro
todo se che da na mane,
onte sachabas na terra,
hoxe cantas no serane.
non hai run, como o da laranxiña
non hai run non hai run Maruxeira
non hai run, como o da laranxeira.
Como baila como baila
a muller do meu irmane
como baila como baila
como bate os pés no chane.
non hai run, como o da laranxiña
non hai run non hai run Maruxeira
non hai run, como o da laranxeira.