Ruada de Rebordelo

Pasei pola túa porta

non che vin palla na eira

pro vinche o rabo da burra

colgado na gramalleira (bis)

Ai la le lo ai la la la

A perdiz anda no monte,

herba seca non a come

o abrazo dunha nena

tres días mantén a un home (bis)

Ai la le lo ai la la la

Ten unha filla moi guapa

o tío Xan da Riola

esta noite hei de ir aló

a darlle moita parola (bis)

Ai la le lo ai la la la

Retrouso:
Xa me dixo teu pai qu ete saque a bailar

e no medio do baile te deixe quedar

que te deixe quedar

que te deixe quedar

pero como non sei, non te podo chamar.