Da rosa rosiña
nasceu unha flor
ro ro ro que si,
ro ro ro que non
(bis)
Son unha muller fermosa
que veño de Sancobade
quero ver ao meu amante
Camiñei, sigo seus pasos
quero ver ao meu amante
(retrouso)
Arrolei naquela xira
e xoguei ás agachadas
que pasou aquela noite?
deixei que ti me atoparas
(retrouso)
Adeus ti, meu queridiño
adeus ti, meu diamante
Leda vin e triste marcho
porque non puiden bicarte
(retrouso)
Oh rosa que linda rosa ia
oh rosa que linda ié (bis)
quiquiriquí, quiquiriqui,
se non das nada, marcho de aquí!.