O sancristán de Coimbra

O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras: (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)


E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis)


O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten muller, (bis)
Está casado coa area,
Dálle bicos cantos quer. (bis)

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis)

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado, (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado. (bis)

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis)

Miña nai xa no me deixa
levar o leite a Coimbra,
porque me dín os rapaces
que leiteirinha mais linda.

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis)