De onde ves meu ghaiteiriño
a onde vas polo veran-he
todos sachando no millo
todos sachando no millo
e ti coa ghaita na manhe
e ti coa ghaita na manhe
de onde ves meu ghaiteiño
onde vas polo veran-he
Miña meniña, cantaruxeira
heiche cantare anque tua nai non queira
ou ben na ponte ou ben no prado
ou ben no cuarto que tes alá no sobrado.
Veño dunha romaría
dunha romaría noutra
veño dunha romaría
veño dunha romaría
e mañán vou para outra
e mañán vou para outra
veño dunha romaríaa
dunha romaría noutra
Miña meniña, cantaruxeira
heiche cantare anque tua nai non queira
ou ben na ponte ou ben no prado
ou ben no cuarto que tes alá no sobrado.
Neste lugharciño novo
amores hei de tomare
ou na cima ou no fondo
ou na cima ou no fondo
ou no medio do lughare
ou no medio do lughare
neste lugarciño novo
amores hei de tomare
Miña meniña, cantaruxeira
heiche cantare anque tua nai non queira
ou ben na ponte ou ben no prado
ou ben no cuarto que tes alá no sobrado.