Teño un amor que me ama
outro que me da diñeiro
Teño un amor que me ama
outro que me da diñeiro
outro que me desengana
ese é o verdadeiro.
O muiño de Oliveira
heino de mandar pechare
O muiño de Oliveira
heino de mandar pechare
con caravixas de prata
heino de acaravixare
Teño unha silva na porta
nin me pica nin me prende
teño unha silva na horta
nin me pica nin me prende
teño unha mala veciña
que sin diñeiro me vende.
A perdiz anda no monte
o perdigón no valado
a perdiz anda no monte
o perdigón no valado
a perdiz anda dicindo
vente pra aquí namorado.