Zapatos de chiculate
tenos a miña cadela
pra levar as ovelliñas
ás feiriñas de Nadela. (bis)
Ai lalelo ai lalalo
Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar,
ata os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar,(bis x2)
aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar.
Indo eu pra non sei onde,
vendo eu a non sei quen,
na porta de xa me entendes…
non me poido acordar ben. bis)
Ai lalelo, ai lalalo
Andivécheste alabando
polos muíños moendo,
que te casabas comigo
e iso era en eu querendo. (bis)
Ai lalelo, ai lalalo
A rula vaise queixando,
que lle levaron o niño,
quen cho mandou facer rula
tanto á beira do camiño? (bis)
Ai lalelo ai lalalo
Algún día ben pensaches
do meu corazón ter froles,
agora vai aos codesos
que chos hai nos arredores. (bis)
Ai lalelo ai lalalo
No alto de Camariñas
hai un raposo berrando
que lle levan os zapatos
que lle pican as espiñas