Nosa Señora da Guía,
Ai, da Guía de mariñeiros,
Nosa Señora da Guía,
Ai, da Guía de mariñeiros,
Guíame a miña cuadrilla (bis)
Toda de mozos solteiros. (bis)
Ai la le lo ai la la la
Se vas a Carril, ó mesmo chegar,
Verás Cortejada deitada no mar;
Deitada no mar ollando por ela
Van os mariñeiros, (bis)
Nos botes de vela.
Teño un amor mariñeiro,
Ai, bonito coma unha rosa,
Teño un amor mariñeiro,
Ai, bonito coma unha rosa,
Teño medo que mo quite (bis)
Algunha nena envexosa. (bis)
Ai la le lo ai la la la.
Retrouso
En Carril casou meu pai
Ai, en Carril quero casar:
En Carril casou meu pai,
Ai, en Carril quero casar:
Moito me gustan as mozas (bis)
Que son da beira do mar. (bis)
Ai la le lo ai la la la.
Retrouso