Por eiqui vai un camiño
por eiqui vai un carreiro
por eiqui vai un camiño
á porta do fiadeiro
á porta do fiadeiro
á porta do fiadeiro
por eiqui vai un camiño
por eiquí vai un carreiro
Anda meu amore
vamos a bailare
que teño un segredo
quérocho contare
quérocho contare
quérocho contare
anda meu amore
vamos a bailare
Á porta do fiadeiro
hai unha pedra rachada
onde se sentan as mozas
a bota-la parrafada
a bota-la parrafada
a bota-la parrafada
á porta do fiadeiro
hai unha pedra rachada.
Anda meu amore
vamos a bailare
que teño un segredo
quérocho contare
quérocho contare
quérocho contare
anda meu amore
vamos a bailare
Á porta do fiadeiro
hai unha pedra redonda
onde se sentan os mozos
cando che veñen da ronda
cando che veñen da ronda
cando che veñen da ronda
á porta do fiadeiro
hai unha pedra redonda
Anda meu amore
vamos a bailare
que teño un segredo
quérocho contare
quérocho contare
quérocho contare
anda meu amore
vamos a bailare
Aquel que anda no baile
ten un bailar cereixeiro
por moitas voltas que da-e
nunca lle roxe o diñeiro
nunca lle roxe o diñeiro
nunca lle roxe o diñeiro
aquel que anda no baile
ten un bailar cereixeiro
Anda meu amore
vamos a bailare
que teño un segredo
quérocho contare
quérocho contare
quérocho contare
anda meu amore
vamos a bailare.
Aquela que anda no baile
carmba que baila ben-he
debe de ser moi garbosa
porque de casta lle ven-he
porque de casta lle ven-he
porque de casta lle ven-he
aquela que anda no baile
caramba que baila ben-he
Anda meu amore
vamos a bailare
que teño un segredo
quérocho contare
quérocho contare
quérocho contare
anda meu amore
vamos a bailare.