De día, de noite, con sol ou con lúa
a donde ti vaias irei atrás túa
irei atrás túa, irei atrás túa
de día de noite, con sol ou con lúa.
Donde estás prenda querida
dona es do meu pensare
ocupas todo o meu tempo
dende o rir hata o soñare
dende o rir hata o soñare
ai lalelo ai lalala
De día, de noite, con sol ou con lúa
a donde ti vaias irei atrás túa
irei atrás túa, irei atrás túa
de día de noite, con sol ou con lúa.
Tres estrelas hai no ceo
todas tres de par da lúa
tantas caras teño visto
máis como a túa ninghunha
máis como a túa ninghunha
al lalelo ai lalala
De día, de noite, con sol ou con lúa
a donde ti vaias irei atrás túa
irei atrás túa, irei atrás túa
de día de noite, con sol ou con lúa.
Non te arrimes á parede
que a parede largha barro
arrímate ó meu peitiño
pode ser o teu amparo
pode ser o teu amparo
ai lalelo ai lalala
De día, de noite, con sol ou con lúa
a donde ti vaias irei atrás túa
irei atrás túa, irei atrás túa
de día de noite, con sol ou con lúa.
Polo lughar de Porriño
na primeira casa nonhe
un pouquiño máis abaixo
téñoche o meu corazon-he
téñoche o meu corazón-he
ai lalelo ai lalala
De día, de noite, con sol ou con lúa
a donde ti vaias irei atrás túa
irei atrás túa, irei atrás túa
de día de noite, con sol ou con lúa.