Aparta loureiro verde
deixa clarexa-la Lua (bis)
Estou no medio do monte
non vexo cousa ninguna. (bis)
Ei veñen ei veñen, ei veñen ei van,
sardiñas fresquiñas de pola mañá,
de pola mañá, de pola mañá
Ei veñen ei veñen, ei veñen ei van.
Miña nai deume unha tunda
co aro dunha peneira.(Bis)
Ela non tiña vergoña
da xente que ven a feira. (bis)
Retrouso
Héime de casar cun vello
heime de fartar de rire. (bis)
Héille de face-la cama
onde non poida subire. (bis)
Retrouso
Abaixo pandeiro roto
arriba manta mollada. (bis)
onde hai soio mulleres
os homes non valen nada. (bis)